Dende fai mais de unha década, moita xente esta aproveitando o seu tempo de lecer na recuperación das labores artesáns, de todo clase e con todo tipo de materiais, contribuíndo deste xeito a recuperar as artesanías que acabarían por desaparecer.
Estamos a falar do arte dos palillos, a calceta, od diversos bordados, o frivolite, Patchwork, Macramé, Ganchillo, Calceta, etc., actividades que se levan facendo toda a vida, e na época das nos aboas, as traballaban para realizar as prendas ou roupas necesarias na vivenda, ou como complemento na aportacion económica a familia.
Durante o desenrolo industrial, estas actividades quedaron relegadas ou esquecidas, recuperadas como dixemos por esta persoas no seu tempo de lecer, e polo que e necesario dar a coñecer estes artes é unha tarefa tan xusta como necesaria.
Dentro deste grupo de artesáns, a tarefa máis recoñecida é o traballo das palilleiras, e as xuntanzas de palilleiras celébranse en moitos lugares. Pero iso é inxusto para todas esas outras labores artesáns, que aínda que non son tan coñecidas son moi importantes dentro da nosa cultura.
Por todo isto a Asociación Cultural O Tadetas o vindeiro 30 de Abril no Pavillón de San Valentín en Fene, organiza un Encontro de Artesáns,
Esperando contar can mais de 700 artesáns, moitas son palilleiras, pero tamén estanse anotando un importante numero de artesáns que realizan distintos tipos de bordados, todas elas durante ese día realizaran unha demostración do seu bo facer, por medio da creatividade coas súas mans e cos máis diversos materiais. (Palillos, Bordados, Patchwork, Macramé, Ganchillo, Calceta, Frivolite, etc.).
Durante o día 30 contaremos tamén con unha demostración permanente de un artesán do vidro, que realizara os seus traballo en presenza dos asistentes o Encontro.
Contaremos tamén con artesáns que noutras facetas distintas as usadas co agulla e o fío, estoume a referir a artesania da Marroquinería, pirogravados, realización de Monecos de Cartón Pedra, traballos con materiais como cobre, prata etc.
ESTE EVENTO COMENZARA as 10:30 h. con a recepción das participantes o Encontro. Durante toda a xornada venderemos rifas, para o sorteo de Agasallos, doados polas casas comercias do concello de Fene, as cales queremos agradecerlle a súa total implicación, ca doazón de preto de medio cento de regalos que serán repartidos en dous sorteos o primeiro a partir das 13:00 h. e pola tarde a partir das 18:00h.
Estando previsto a clausura do acto as 7 da tarde.
.
A máis grande noraboa aos membros da Asoc. Cult. O Tadetas polo traballo que están a facer...
ResponderEliminar