viernes, 15 de abril de 2011

Ao redor de seiscentos escolares de Fene participaron nas xornadas de atletismo divertido




Con esta actividade comezou unha nova edición do programa de deporte escolar municipal do Concello de Fene.

Lanzamento de peso, xavelina, saltos, relevos e carreiras son algunhas das probas coas que os rapaces e rapazas de Fene tomaron contacto co atletismo, onte a hoxe no pavillón da Xunqueira de San Valentín. As xornadas, organizadas pola Concellería de Deportes, tiñan como obxectivo dar a coñecer este deporte de xeito divertido, ademais de promover a convivencia entre os diferentes centros de ensino do Concello xa que nelas participou todo o alumnado de primaria, dende primeiro ata sexto.

Para realizar o control destas xornadas o Concello contou con monitores especializados así como coa colaboración do profesorado dos diferentes centros de ensino.

Asemade, para promover, xunto coa práctica do deporte, unha alimentación equilibrada, os participantes recibiron ao longo da xornada unha peza de froita.

Rematadas as xornadas do atletismo divertido, o programa do deporte escolar municipal continuará coa celebración da milla escolar, o 8 de maio, e rematará coas xornadas de xogos tradicionais, o 26 e 27 de maio.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario