O Concello de Fene disporá dende hoxe de tres novas máquinas para as instalacións deportivas municipais. Concretamente se adquiriron unha máquina elíptica, unha bicicleta estática e unha cinta para camiñar e correr. As tres máquinas foron adquiridas grazas a unha subvención da Deputación Provincial de A Coruña, axuda para infraestructura e equipamento, apunta a concelleira de deportes de Fene Carmen Silvar. A subvención solicitada no seu día polo seu departamento ascende a 6.800 euros. A edil encargada de deportes apunta que as máquinas se colocarán na piscina municipal de Centieiras en Perlío onde se instalará a bicicleta estática e a cinta mentres que a máquina elíptica irá para o ximnasio do pavillón polideportivo de A Xunqueira de San Valentín.
A concelleira de deportes Carmen Silvar afirma que “con estas novas máquinas increméntase o servizo que o Concello pon a disposición das veciñas e dos veciños de Fene tanto na piscina municipal como no pavillón de San Valentín. Deste xeito tamén se renova a maquinaria existente nas instalacións municipais”, apunta a concelleira.
.
Para cando a espaldeira no ximnasio municipal da piscina que temos pedido hai mái de ano e medio?
ResponderEliminar