O domingo 10 de abril a concelleria de Cultura e Deportes que dirixe Carmen Silvar organiza, un ano máis, a Marcha Ciclista Popular que xa vai pola sexta edición. A marcha partirá da avenida do Concello de Fene ás 11 da mañá. A organización espera unha participación que rondará o medio milleiro de participantes. Os veciños e amigos da bicicleta que se inscriban poderán participar posteriormente nun sorteo de agasallos previstos pola organización como material deportivo relacionado co mundo da bicicleta como cascos, botellíns, luces ou guantes para ciclistas.
O circuito por onde vai transcurrir a marcha ten 13 quilómetros de percorrido e sairá da avenida do Concello para posteriormente pasar pola rúa da Fraga, avenida do Tarrío, Rúa Alta, Rúa do Medio, Rúa Cardoeiro, Rúa San Salvador, avenida Marqués de Figueroa en dirección a Barallobre, estrada da Palma, baixada ao peirao de Maniños pola estrada do peirao, paseo marítimo Bieito Cupeiro e reagrupamento de todos os participantes na zona do peirao.
Posteriormente sairán os ciclistas pola estrada do peirao de Barallobre cara a rua da ribeira e ata a estrada da Palma en dirección a Perlío. A “serpe multicor” seguirá pola rúa Antonia Montero, Hortelá, O Cruceiro e chegada a San Valentín. Os ciclistas continuarán polo paseo marítimo de San Valentín e producirase un novo reagrupamento entre todos os participantes. Logo seguirán pola avenida da Cooperación, avenida das Pías, cruce de Fene, avenida Naturais e avenida do Concello.
Ao rematar a marcha ciclista popular producirase o sorteo de material deportivo entre todos os inscritos a esta VI Marcha Ciclista Popular.
O alcalde de Fene Iván Puentes invita a todos os veciños a participar e disfrutar nesta marcha ciclista popular. “Deste xeito facemos deporte e coñecemos algo mellor o noso concello”, engade o rexedor.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario