jueves, 24 de marzo de 2011

A Mancomunidade acorda a adxudicación provisional do contrato para o servizo de xestión de residuos voluminosos, que se prevé pór en marcha en abril

O alcalde de Fene destacou este acordo xa que incrementa a calidade de vida dos veciños de Fene e do resto da Comarca.


A Mancomunidade adxudicou provisionalmente no pleno extradordinario que se celebrou esta tarde o contrato para a xestión de residuos voluminosos á empresa Reciclaje de Inertes del Noroeste S.L. (Recinor) por un importe de 104 euros (IVE incluído) por tonelada de residuos. Así o anunciou o alcalde de Ferrol e presidente deste órgano de cooperación intermunicipal, Vicente Irisarri, quen destacou que este será o primeiro servizo que funcionará de xeito mancomunado -prevese a súa posta en marcha ao longo do mes de abril-. Del poderanse beneficiar os oito concellos que na actualidade integran a Mancomunidade: Ferrol, Narón, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Valdoviño e Cedeira.

O servizo, que saíra a licitación o pasado mes de decembro, suporá un aforro do 25% respecto ao importe que na actualidade están a pagar os Concellos (este é de arredor de 140 euros por tonelada de residuos, IVE incluído). Co prezo aplicado ata hoxe, o gasto global ascende a uns 255.000 euros ao ano. Agora, coa adxudicación do novo servizo mancomunado -por 104 euros/tonelada- estímase un gasto de 189.000 euros anuais, cantidade que suporá un aforro para os municipios duns 65.000 euros ao ano.

O contrato, tal e como explicou o xerente da Mancomunidade, Luis Alcalá, terá unha vixencia de dous anos contados desde a data de suscrición do contrato e poderase prorrogar de mutuo acordo antes de que finalice por un período máximo doutros dous.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario