jueves, 10 de marzo de 2011

Máis de 800.000 euros de investimento trocan a faciana do barrio de San Valentín nos últimos 4 anos

O alcalde destaca que este mandato foi o de máis investimento no barrio nos últimos 30 anos.


Un barrio máis habitable, con mellor calidade de vida e de servizos e con máis comodidades. Este é o obxectivo de todas as iniciativas que se levaron a cabo en San Valentín nos últimos 4 anos.

As remodelacións do bloque-1, da praza da Cooperación, o soterramento do transformador eléctrico, o incremento da potencia eléctrica para favorecer o traballo dos ascensores e o troco de beirarruas entre bloques son algunhas das actuacións levadas a cabo xunto co troco da rede de pluviais e fecais do barrio fenés y a remodelación dos espazos verdes ao carón do centro comercial.

O Goberno de Fene pon en marcha un proxecto global de renovación de todas as beirarruas do barrio entre bloques e a renovación da rede de pluviais e de fecais das vivendas desta parroquia fenesa. O proxecto comezará nos bloques próximos á praia, ao carón do centro comercial do barrio.

Búscase reformar as beirarruas existentes para adaptarlas ás disponibilidades dos veciños e tamén da administración de pluviais. Ademáis o Concello iniciou con esta obra a renovación da rede de pluviais e de fecais do barrio. Despois de 40 anos, a rede de pluviais e fecais era a mesma e isto orixinaba moitos problemas, entre eles de cheiros, aos habitantes de San Valentín. Agora adicarase a vella rede para fecais e construirase unha nova rede para pluviais. Búscase diferenciar as funcións e deste xeito incrementar o nível de calidade de vida dos veciños de San Valentín. O proxecto comezará nos primeiros catro bloques que se atopan na avenida do Mar dende a praia. Tamén está prevista a remodelación de todos os aparcamentos do barrio

Rehabilitación das zonas verdes ao carón do centro comercial

O goberno de Fene nivelou, axardinou e construiu unha senda peoníl para comunicar a rotonda do Regueiro co centro do barrio na parte de atrás do centro comercial que se atopa ao carón da rotonda do Regueiro. Deste xeito, posibilítase o paso de veciños entre o Regueiro e o barrio fenés a través desta edificación que separa a propia rotonda dos bloques de vivendas.

Reforma do bloque-1 como o departamento de Servizos Sociais do Concello

Ao longo deste mandato logrouse a cesión por parte de Navantia dos baixos do bloque-1, propiedade do estaleiro. Neste bloque estivo o ambulatorio de Fene durante moitos anos e nos últimos anos a instalación permanecia valeira. Despois de lograrse a cesión do baixo, o Goberno de Iván Puentes decidiu trasladar os Servizos Sociais do Concello a este baixo e deste xeito ampliar as instalacións adicadas a esta función (neste momento os Servizos Sociais realizan o seu traballo nun entrechán da avenida Naturais de Fene, número 44). A remodelación do bloque-1 ten unha disposición de máis de 230.000 euros, partidas procedente do plan E de investimentos locais do Goberno de España.

Parques infantís e biosaudabeis na praza da Cooperación

A remodelación integra da praza da Cooperación era unha das aspiracións e dos compromisos do Goberno de Fene en San Valentín. A remodelación xa feita significou a construcción dun parque infantil e a colocación de máquinas nunha zona biosaudabel para o disfrute de todas as veciñas e veciños de San Valentín. Esta actuación realizouse con cargo ao plan E de investimento da administración central no ano 2009.

Wifi público en San Valentín

Ademáis, o Concello pon a disposición da cidadania un servizo, que se presume esencial co paso do tempo e que significa unha vangarda tecnoloxica na comarca. Na praza da Cooperación de San Valentín instalarase nos vindeiros días un equipo de wifi para o acceso gratuito a internet para as veciñas e veciños do barrio fenés. Este acceso Wi-FI 802.11b/g de exteriores está preparado para operar en condicións climatolóxicas extremas e con características de alta disponibilidade, dispoñendo ademáis do seu correspondente certificado CE. Empregaranse equipos de cliente CPE WIMAX de exteriores para proporcionar conectividade entre os puntos de acceso Wifi e a infraestructura de transporte. Deste xeito, a infraestructura WIMAX actuará como soporte de distribución para o sistema de acceso Wifi.

O alcalde de Fene Iván Puentes afirma que con esta obra, Fene entra de cheo, tecnoloxicamente falando, na sociedade da información e no século XXI. O rexedor fenés amósase moi contento desta obra polo que supón de incremento na calidade de vida dos veciños de Fene e das empresas de Fene.

Soterramento do transformador do barrio e incremento da potencia eléctrica para o servizo de ascensores

O soterramento do transformador eléctrico de San Valentín significará un incremento notable na calidade do servizo eléctrico ofertado ás veciñas e veciños que viven no barrio e que tiveron problemas nos últimos anos, debido á instalación de ascensores nos bloques( estes edificios carecian de elevadores). A vella instalación eléctrica non soportaba o consumo dos novos ascensores polo que era necesaria unha reforma de toda a rede. O soterramento do transformador é unha parte desta actuación que se complementa co troco do cableado e tamén co remate das beirarruas perimetrais da praza e a colocación dalgúns puntos de luz. Deste xeito quedara rematada totalmente a praza da Cooperación e solucionados os problemas eléctricos dos veciños. O novo transformador posibilita duplicar a potencia e as posibilidades de consumo.

Deste xeito se cubren para moitos anos as necesidades de potencia e de consumo dos veciños, apunta o alcalde. O troco de cableado tamén mellora a potencia e o consumo nas vivendas. A actuación ascende a 230.000 euros financiados polo plan E de investimento local do Goberno de España.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario