No momento da sinatura esta tarde en Madrid, Beatriz Corredor,secretaria
de estado de vivenda e de actuacións urbáns,José Blanco, ministro de
Fomento e Iván Puentes, alcalde de Fene
de estado de vivenda e de actuacións urbáns,José Blanco, ministro de
Fomento e Iván Puentes, alcalde de Fene
Vía libre á ampliación do polígono industrial de Vilar do Colo
Unha vez executada esta terceira fase Vilar do Colo será, logo de Río do Pozo, a maior superficie industrial de Ferrolterra e unha das principais de Galicia.
O Alcalde de Fene, Iván Puentes e o Presidente de SEPES, Pedro Saura, asinaron esta tarde en Madrid co Ministro de Fomento, José Blanco, o Protocolo de Colaboración entre os Concellos de Fene e Cabanas e a SEPES para iniciar os traballos de ampliación do Polígono Industrial de Vilar do Colo.
No documento asinado hoxe, froito do consenso entre os concellos e o Ministerio de Fomento, contémplase dotar a Vilar do Colo duns 700.000 m2. máis de chan industrial, o que na práctica supón case duplicar os 800.000 metros cos que conta actualmente o parque empresarial. Esta ampliación repártese en dúas zonas, unha de 500.000 m2. situada entre Laraxe e Limodre, que comparten Fene e Cabanas e outra duns 200.000 metros nas inmediacións da vía rápida de Mugardos, ubicada íntegramente en Fene.
Iván Puentes destaca que a ampliación de Vilar do Colo “é nestes momentos a mellor noticia que o Concello e o Goberno de España lle poden dar aos veciños e veciñas de Fene, porque significa crear máis emprego, máis riqueza e en definitiva máis futuro para o noso pobo”.
Unha vez realizados estes traballos da III Fase, Vilar do Colo contaría con 1.500.000 m2. de superficie industrial o que situará a este polígono entre as principais plataformas industrais de Galicia, ademais de converterse no segundo máis grande de Ferrolterra logo de Río do Pozo.
O protocolo de colaboración tradúcese na colaboración entre ambos concellos e o Ministerio de Fomento para executar a III Fase de Vilar do Colo. Para elo, o primeiro paso será a realización por parte de SEPES ao longo dos vindeiros 12 meses dun estudio arqueolóxico e un estudo medioambiental que avalen a viabilidade técnica da obra en cada zona afectada.
En paralelo, os concellos de Fene e Cabanas colaborarán coa SEPES para lograr pola vía da negociación cos actuais propietarios e propietarias a compra dos terreos precisos para a execución desta gran ampliación do parque empresarial. Ademais Fene e Cabanas irán concretando, como xa o están a facer, coa Xunta de Galicia as modificacións precisas do PXOM de ambos concellos para albergar este chan industrial.
Unha vez cumplimentados os trámites ambientais e arqueolóxicos e a dispoñibilidade dunha boa parte dos terreos, Fene, Cabanas e Fomento complementarán o protocolo de colaboración asinado hoxe cun convenio no que se precisirá xa o orzamento preciso para executar a III Fase, a superficie concreta afectada parcela a parcela e a licitación e adxudicación das obras.
O Goberno Municipal de Fene afirma que os 700.000 m2. previstos hoxe no protocolo de colaboración reducen notablemente o impacto do millón de metros que se chegaron a barallar, sempre como proposta de máximos, hai uns tres anos, cando se empezou a xestar esta III Fase de Vilar do Colo. Ademais garántase deste xeito o afastamento dos núcleos de poboación, posto que a actuación prevese sobre zonas completamente deshabitadas.
Tamén é vontade do Goberno Municipal, a medida que se vaian concretando os traballos e a superficie exacta da ampliación co Ministerio de Fomento, blindar e preservar a zona arqueolóxica do Castro de Prismos e do Marco de San Lourenzo; ademais de contemplar no proxecto que se redacte a recuperación ambiental e o saneamento do Río Vaa, moi degradado actualmente na zona. Para elo, dialogarase e recolleranse as propostas de veciños e colectivos que traballan a prol da revalorización destes espazos.
Por último, Iván Puentes lembrou o importante compromiso inversor do Ministerio de Fomento en Fene, “José Blanco é xa o ministro e o político que máis ten investido no noso Concello”, apunta o alcalde. Neste senso lembrou a construcción da Base de Salvamento Marítimo, a máis grande de España, en Vilar do Colo, a Senda Litoral que precorrerá toda a costa fenesa e da que estes días está xa a exposición pública o proxecto entre A Torre (Perlío) e O Ramo (Barallobre) o paso peonil baixo a vía do tren na Estación e o elevado no Cruceiro, o novo peche da liña férrea ou o amaño da estrada N-651. Todas elas vellas reivindicacións dos veciños e veciñas de Fene que se están a facer realidade grazas á colaboración entre o Goberno de Fene e o Goberno de España.
Fume. O unico que firman é un estudo arqueolóxico e medioambiental.
ResponderEliminarMira que lle gustan as fotos a este home, ven podia montar un estudio de fotografia e dedicarse as bodas, bautizos e comunions, seguro que tiña unha boa clientela.
ResponderEliminar