lunes, 14 de marzo de 2011

ENCONTRO de ARTESANS


Asociación Cultural O Tadetas


ENCONTRO de ARTESANS

30 de abril do 2011

PAVILLÓN A XUNQUEIRA DE SAN VALENTÍN



Como cada día, hai máis xente que aproveita o seu tempo de lecer realizando labores artesáns, de todo clase e con todo tipo de materiais, deste xeito contribúen a recuperar as artesanías que doutro xeito acabarían por desaparecer.

O dar a coñecer estes traballos é unha tarefa tan xusta como necesaria.

A tarefa máis recoñecida é o traballo das palilleiras, e as xuntanzas de palilleiras celébranse en moitos lugares. Pero iso é inxusto para todas esas outras labores artesáns, que aínda que non son tan coñecidas son moi importantes dentro da nosa cultura.

Por todo isto a Asociación Cultural O Tadetas está a traballar na organización dun Encontro de Artesáns, co fin de xuntar ó longo deste día a tódalas persoas que traballan a prol das diversas formas de Artesanía, por medio da creatividade coas súas mans e cos máis diversos materiais. (Palillos, Bordados, Patchwork, Macramé, Ganchillo, Calceta, Frivolite, etc.).

PROGRAMA
  • ÁS 10:30 Recepción do Encontro
  • ÁS 13:00 Sorteo de Agasallos
  • ÁS 14:00 Xantar
  • ÁS 16:00 Retomase ó Encontro
  • ÁS 18:00 Sorteo de Agasallos
  • ÁS 19:00 Clausura do Encontro

TELEFONOS DE INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

Asoc. Colt. O Tadetas: 609.807.360 correo: otadetas@gmail.com – xmpermui@gmail.com

Josefina Fachal: 981.34.22.26 correo: josefina.fachal@gmail.com


O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O 23 DE ABRIL


.

No hay comentarios:

Publicar un comentario