
O acto, aberto ao público, celebrarase este venres, 11 de marzo, ás 20 horas, no Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío. Durante o desenvolvemento do mesmo, proxectarase un vídeo elaborado coas intervencións de 17 persoas representativas de todos os ámbitos da sociedade de Fene. Entre todas, conforman un retrato da actualidade do municipio e das súas principais demandas. Haberá tamén música e uns petiscos para todos/as ao remate do acto.
Trátase da primeira vez que o candidato do BNG, Juventino Trigo, realiza unha intervención pública ante toda a sociedade xa que, ata o de agora, a candidatura nacionalista mantivo reunións privadas con todo o movemento asociativo do concello co obxectivo de recoller ideas e demandas para o programa electoral. Unhas reunións que están a ter uns resultados moi satisfactorios.
No acto repartiranse exemplares do novo boletín do BNG de Fene e presentaranse tamén as persoas da candidatura que completan o tramo dos cinco primeiros.
No número dous sitúase Rita Couto, que fora concelleira de Benestar Social e Igualdade no periodo 2007-2009 e que conta, entre os seus méritos, coa posta en marcha da primeira Galescola de Fene, o servizo Xantar na Casa ou o Centro de Atención á Muller. Séguea na lista o tamén ex concelleiro Manuel Polo, que se ocupara naquel entón da área de Promoción Económica e Emprego, con gran nivel de actividade. E no catro, outra das persoas con experiencia na xestión municipal: Inés Roca, que foi quen de destacar entre toda a sociedade como concelleira de servizos e mantemento. O número cinco é para o segundo independente da lista –despois do propio candidato-; trátase de Xusto Martínez Ardá, un rapaz novo, arquitecto técnico de profesión, e moi integrado e activo na sociedade. Foi fundador da sociedade deportiva As Píntegas, membro varios anos da comisión de Festas de Fene, e é xogador do Barallobre de fútbol.
Perfil do candidato

.
No hay comentarios:
Publicar un comentario