viernes, 11 de febrero de 2011

Visita do Centro de Educación Infantil e Primaria de Piñeiros ao Museo de Humor de Fene




Trinta e sete nenas e nenos do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Piñeiros (Narón) visitaron o Museo de Humor de Fene acompañados de tres profesores. Tamén visitaron o Parque de Educación Viaria de Barallobre

O Concello tamén ten programadas visitas dos nenos maiores do Colexio de Piñeiros (Narón) e do Centro Rural e Agrupado de Valdoviño para este mes de febreiro

A concelleira de Cultura e Deportes Carmen Silvar recibiu esta mañá a unha expedición de nenas e nenos do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Piñeiros do veciño Concello de Narón. Os 37 alumnos de 5 a 7 anos de edade sorprendéronse coa sala de humor negro e tamén cos espellos que hai na dependencia municipal. Os nenos atenderon ás explicacións da animadora socio-cultural do Concello Yolanda Cinza, que lles explicou os distintos contidos que conforman o propio museo fenés. As alumnas/os do colexio de Piñeiros tamén visitaron o Parque de Educación Viaria de Barallobre e asistiron a unha charla informativa e teórica sobre o comportamento dos peóns na rúa tamén sobre a circulación de bicicletas nas estradas e vias públicas.

Tamén os nenos circularon posteriormente nas propias bicicletas e karts do parque fenés.

O Concello continuará coa programación de visitas previstas para os vindeiros días e meses. A concelleira Carmén Silvar destaca o interese de moitos centros de ensino por coñecer un dos patrimonios culturais-humorísticos máis importantes de Galicia. Silvar destaca “o esforzo técnico e presupuestario realizado neste mandato para dotar ao museo de humor de Fene das funcións e dos servizos adecuados. A reforma do museo logrou concretar un contenedor adecuado a un dos museos máis importantes do patrimonio cultural humorístico”. O alcalde Iván Puentes lembra “a importante reforma realizada neste mandato e a necesidade de dar contidos ao museo, único en Galicia, ademáis de poñer o mesmo a disposición de toda a Comarca de Ferrol”.

O Concello de Fene tamén programou visitas doutros colexios como o Centro Rural e Agrupado de Valdoviño. Espéranse a presenza de 50 alumnos deste centro e tamén outras visitas dos alumnos maiores do Colexio de Piñeiros (Narón) neste mes de febreiro.

O Museo de Humor de Fene foi totalmente remodelado neste mandato grazas aos investimentos do Plan E do Goberno de España. Rehabilitáronse as salas, reestructuraronse os contidos do museo e creáronse salas específicas como a sala de humor negro, a secuencia de espellos ou salas adicadas a insignes caricaturistas como o primeiro director do museo Xaquín Marín.

.

1 comentario:

  1. Todo tipo de opiniones significa todo tipo de opiniones no....? De verdad algien del vuestro estupendo y maravilloso personel tiene miedo a ser criticado? Ohhh que lastima...

    ResponderEliminar