Esta mañá presentouse na Casa do Concello de Fene o programa do Entroido 2011 coa presenza do alcalde Iván Puentes, a concelleira de Cultura, deportes, xuventude e ensino CarmenSilvar e o representantes da Asociación Cultural “O Tadetas” Gonzalo Martínez. O programa presentado é o seguinte;
Xoves, 3 de Marzo
- MASCARADA DE CONTO de María Lires na Biblioteca Pública Municipal “Xosemaría Pérez Parallé”
- De 17.30 a 19.30 horas terá lugar un obradoiro no que, partindo da lectura dun conto, se realizan actividades de ilustración ou creación de máscaras, coa participación dos nenos/as.
- Aberto a tódolos públicos. Entrada de balde.
- De 17.30 a 21.30 horas terá lugar a FESTA INFANTIL coa actuación da ORQUESTRA MADEIRA, e na hora do descanso ofrecerase a tódolos nenos e nenas participantes a tradicional DEGUSTACIÓN DE LAMBETADAS do Entroido.
- Panadería Ramón (Sillobre)
- Panadería “El Cruce” (Maniños)
- Panadería A Ábroa (San Valentín)
- Pastelería “Larpeiradas” (Perlío)
- Pastelería Amaría (Fene)
- Confitería Sara (Perlío)
- Confitería Martínez (Fene)
Tamén, sobre as 19.00 horas a COMPARSA DO ENTERRO, acompañada da XOVE ORQUESTRA LOCAL percorrerá as rúas do Concello (Avda. do Mar, Avda. Marqués de Figueroa e Avda. Naturais) para rematar na Praza e VELAR ao ENTROIDO.
Mércores, 9 de Marzo
- Ás 17.30 horas terá lugar a CONCENTRACIÓN DE COMPARSAS na Rúa Río Cávado (Perlío) para continuar co DESFILE polas rúas: Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avda. Naturais, con remate da Praza do Concello.
- A continuación, será a LECTURA DO TESTAMENTO, a QUEIMA DA FALLA e do BONECO; e arredor das 21.00 horas comenzará o baile co ORQUESTRA TREVOL.
Organizan:
- Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude
- A.C. O Tadetas
Colaboran:
- Policía Local e Protección Civil de Fene
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario