lunes, 28 de febrero de 2011

O Concello pon en marcha 7 parques biosaudabeis neste mandato

Parque de Sillobre

O Goberno municipal ten a intención de instalar un parque por parroquia. Neste momento todas as parroquias teñen o servizo aínda que un parque é compartido entre Barallobre e Maniños

Nos vindeiros días rematará a instalación de dous novos parques en Magalofes e Limodre

Coa instalación dos parques de Limodre e Magalofes compleméntase un primeiro ciclo de parques biosaudabeis en todas as parroquias de Fene. Son 7 parques para 8 parroquias xa que o parque de Barallobre-Maniños atópase no paseo marítimo Bieito Cupeiro no peirao de Barallobre-Maniños. O alcalde Iván Puentes destaca que con esta actuación increméntase a calidade de vida das veciñas e dos veciños das parroquias de Limodre e de Magalofes, fomentando a actividade deportiva entre a xente maior e os hábitos saudabeis. O Concello instalará as máquinas na pista polideportiva municipal de Limodre e tamén nos arredores do local da AA.VV de Magalofes. O alcalde Iván Puentes destaca o intenso carácter inversor deste mandato onde se instalaron parques biosaudabeis en todo o Concello. Deste xeito, os veciños poden incluir a práctica deportiva ao aire libre e fomentando o desenvolvemento deportivo ao aire libre. Hai parques biosaudabeis en Maniños-Barallobre, concretamente no paseo Bieito Cupeiro, no parque Rosalia de Castro na parroquia de Perlío, na praza da Cooperación no barrio de San Valentín, no parque Castelao en Fene e tamén na parroquia de Sillobre, ademáis dos dous novos parques que se están a instalar

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario