A aposta pola xeración eléctrica a partir do denominado “carbón autóctono” - altamente contaminante – resulta claramente contraditoria cos obxectivos de reducir as emisións de CO2 e de favorecer o desenvolvimento das enerxías limpas e sostíbeis, racionalizando os custos do sector eléctrico. Esta situación é unha das razóns da suba do recibo da luz que tivemos que asumir desde comezos deste ano. A decisión de priorizar o “carbón autóctono” vai afectar gravemente á actividade económica das centrais térmicas como as situadas en As Pontes e Meirama, que tiñan apostado pola utilización de carbón importado pola reducción de emisións que produce o seu uso e os menores custos económicos. Agora, estas centrais vén a súa actividade futura ameazada co conseguinte impacto nunhas comarcas altamente dependentes desta actividade económica.
O pasado dia 4 de Febreiro celebrábase unha reunión da Mesa Estatal do Carbón, na que se acordaba o desenvolvemento de toda a normativa legal necesaria para a aplicación efectiva do Decerto do Carbón para o que, segundo o Ministerio de Industria, só quedaría que a Xunta de Galiza retirase o recurso interposto perante o Tribulan de Luxemburgo.
Esta actitude por parte do goberno do estado – que fala de solidariedade ao par que deixa ao pairo, máis unha vez, os intereses galegos – pretende ademáis orquestrar unha campaña de presión política para que Galiza renuncie a defender o normal funcionamento das centrais térmicas de As Pontes e Meirama; a cambio dunhas presuntas compensacións coa entrada no futuro Plan do Carbón.
No BNG defendemos o noso direito a producir e vemos o carácter estratéxico que o sector enerxético representa para o presente e o futuro da nosa comarca, tanto no ámbito económico como na defensa dos postos de traballo, por iso propomos ao pleno da corporación a adopción dos seguintes acordos:
- 1º.- Instar ao gobernos do Estado e ao da Xunta a iniciar unha negociación política que evite os graves perxuizos ás centrais galega cunha revisión do decreto que favoreza unha distribución de forma equitativa da reducción na producción, entre todas as tecnoloxías de xeración, coa excepción das renovábeis, e non só nas centrais térmicas alimentadas polo carbón de importación e as de ciclo combinado.
- 2º.- O concello de Fene manifesta o seu apoio ás iniciativas e mobilizacións que se leven a cabo contra do Decreto do Carbón e na defensa do dereito e producir e a traballar"
No hay comentarios:
Publicar un comentario