viernes, 4 de febrero de 2011

O alcalde de Fene minte ao pleno negando a existencia das obras do ascensor do pavillón da Xunqueira

Foto en el día de ayer


Foto en el día de ayer

Foto de hoy

Foto de hoy

O BNG vén de solicitar por escrito a acta de replanteo das obras do ascensor do pavillón da Xunqueira, en San Valentín, xa que sospeitamos que as obras comezaron sen a debida supervisión técnica.

No ano 2008, a concelleira nacionalista Rita Couto xestionara coa Deputación provincial unha subvención para mellorar a accesibilidade ás gradas do pavillón da Xunqueira.

Logo de moito insistir, hoxe podemos ver como está iniciada a obra co peche da zona e a instalación de casetas e maquinaria. Mais, lamentablemente, estanse a facer no lado oposto ao lugar onde debe ir o ascensor, xusto na fachada contraria onde se atopa a entrada habitual e a rampla de acceso.

Á luz desta situación, os nacionalistas preguntamos no pleno deste xoves, 3 de febreiro, se existe a acta de replanteo desa obra e se se vai corrixir a ubicación. O acalde, Iván Puentes, lonxe de asumir o erro dixo que non se trataba da obra do ascensor. O alcalde faltou á verdade ante o pleno da corporación e, polo tanto, ante toda a cidadanía de Fene.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario