Iván Puentes declara que non se quedarán cos brazos cruzados ante a “liquidación” da Cooperativa Vieiro
O rexedor amosa o seu rexeite á política da Xunta de Galicia que leva á Cooperativa de Transportes Vieiro ao “harakiri”
O alcalde afirma que defenderá con todas as súas enerxías o patrimonio e a actividade da cooperativa fenesa
O alcalde de Fene Iván Puentes denuncia a situación da Cooperativa de Transportes Vieiro por mor da política de transportes da Xunta de Galicia que obriga á empresa fenesa a poñer a cancela a súa actividade.
O pasado sábado celebrouse unha asamblea de socios da entidade en San Valentín para analizar o futuro da empresa fenesa despois da nova multa imposta pola Xunta de Galicia por mor de realizar transporte colectivo contratado pola ANPA do Instituto de Barallobre.
O alcalde afirma que sempre estivo e estará na defensa da actividade da empresa de Fene e que non se quedará cos brazos cruzados ante este “atentado” ao tecido empresarial fenés por parte do Goberno Galego. Puentes espera que o PP de Fene estea á altura dos intereses das veciñas e dos veciños de Fene e non apoie estas medidas da Xunta de Galicia.
O rexedor fenés declara que o pasado luns presentouse unha moción do PSOE de Fene na Comisión Municipal de Organización do Concello onde tamén se presentou un escrito, por vía de urxencia, do grupo municipal do BNG.
Nesa comisión acordouse celebrar unha Xunta de Portavoces antes do Pleno Ordinario de Febreiro da Corporación Municipal coa intención de levar algunha proposta conxunta sobre este tema, que afecta a moitas veciñas e veciños de San Valentín, Perlío, Fene, Barallobre e Sillobre.
Iván Puentes espera que a Xunta de Galicia recapacite e non imponga ningunha sanción á Cooperativa de Transportes Vieiro. Ademáis o rexedor espera que a administración autonómica acepte as solucións que plantexan os socios da empresa de Fene.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario