jueves, 10 de febrero de 2011

Instalaranse dous parques biosaudabeis en Limodre e Magalofes

O Concello instalará máquinas na pista polideportiva de Limodre e nos arredores do local da AA.VV de Magalofes

O Concello pon en marcha 7 parques biosaudabeis neste mandato, afirma o alcalde Iván Puentes

A concelleira de Cultura e Deportes Carmen Silvar informa que nas próximas semanas comezarán a instalarse dous novos parques biosaudabeis no Concello de Fene. Silvar destaca que con esta actuación increméntase a calidade de vida das veciñas e dos veciños das parroquias de Limodre e de Magalofes, fomentando a actividade deportiva entre a xente maior e os hábitos saudabeis. O Concello instalará as máquinas na pista polideportiva municipal de Limodre e tamén nos arredores do local da AA.VV de Magalofes. O alcalde Iván Puentes destaca o intenso carácter inversor deste mandato onde se instalaron parques biosaudabeis en todo o Concello. Deste xeito, os veciños poden incluir a práctica deportiva ao aire libre e fomentando o desenvolvemento deportivo ao aire libre. Hai parques biosaudabeis en Maniños-Barallobre, concretamente no paseo Bieito Cupeiro, no parque Rosalia de Castro na parroquia de Perlío, na praza da Cooperación no barrio de San Valentín, no parque Castelao en Fene e tamén na parroquia de Sillobre, ademáis dos dous novos parques que se van a instalar proximamente.

.

1 comentario:

  1. Pois decirlle á señora Silvar e ao mediático de Puentes que se queren darnos saúde, que non nos amplíen o polígono de Vilar do Colo cara Prismos e O Campanario, iso non é bó para a saúde dos habitantes destes lugares. Ao mellor é saúde económica para os representantes políticos que se empeñan en encher as arcas a costa da destrucción do medio natural e de foder aos veciños no canto de protexelos e darlles servizos (se tan bó é o polígono que o amplíen na súa casa e non na casa dos demais), que cada dous por tres nos quedamos sen luz (claro que ao mellor niso consiste o aforro enerxético).

    ResponderEliminar