A coincidencia do 8 de marzo co martes de entroido é a causa do desprazamento da festividade
A Casa da Cultura volverá a servir de escenario para os actos de conmemoración
A Casa da Cultura volverá a servir de escenario para os actos de conmemoración
As concelleiras do Goberno Municipal Carmen Silvar, Rocio Rey e Amalia García presentaron esta mañá os actos previstos polo “día da muller traballadora”. As actividades desenvolveranse o venres 18 de marzo e comenzarán ás nove da mañá coa lectura do manifesto do Concello aprobada en consenso na Comisión de Dinamización Social, Benestar e Igualdade. A lectura do texto institucional correrá a cargo da Concelleira de Cultura, Deportes, Xuventude e Ensino Carmen Silvar. Posteriormente unha escritora lerá a declaración institucional do Concello de Fene e posteriormente comezará o maratón de lectura do alumnado de Fene coa participación dos colexios A Xunqueira de San Valentín, o Instituto de Fene, o colexio Jorge Juan de Perlío, Os Casais de Maniños, Centieiras de Perlío e O Ramo de Barallobre. Os alumnos traballan estes días na selección de textos escritos por mulleres para a súa lectura o día 18. A organización entregará un diploma acreditativo da participación dos alumnos na actividade. O maratón de lectura de escritos elaborados por mulleres continuará pola tarde coa participación das veciñas e veciños. O acto rematará arredor das nove da noite.
Fene leva moitos anos organizando actividades adicadas ao “día da muller traballadora”. Dende hai unha década a Casa da Cultura é a sede desta programación centrada na lectura de textos e obras elaboradas por mulleres. O maratón de lectura naceu no 2001 e duraba doce horas ininterrumpidas. A concelleira de Cultura, Deportes, Xuventude e Ensino Carmen Silvar destacou o alto grao de simbolismo da data e tamén o valor cualitativo do maratón de lectura, que se desenvolve en Fene durante tantos anos. A edila fenesa recalcou a necesidade de concienciar aos máis xovenes das necesidades de avanzar na igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida social e laboral.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario