A semana que ven comezan as obras do soterramento do transformador eléctrico de San Valentin e o cambio do cableado no barrio
A actuación ten un custe de 230.000 euros e significará un avance sustanciable da calidade do suministro eléctrico nas vivendas e baixos comerciais, apunta o alcalde Iván Puentes
A semana que ven comezarán os traballos do soterramento do transformador eléctrico que hai na praza da Cooperación no barrio fenés de San Valentín. Esta obra significará un incremento notable na calidade do servizo eléctrico ofertado ás veciñas e veciños que viven no barrio e que tiveron problemas nos últimos anos, debido á instalación de ascensores nos bloques( estes edificios carecian de elevadores). A vella instalación eléctrica non soportaba o consumo dos novos ascensores polo que era necesaria unha reforma de toda a rede. O soterramento do transformador é unha parte desta actuación que se complementa co troco do cableado e tamén co remate das beirarruas perimetrais da praza e a colocación dalgúns puntos de luz. Deste xeito quedara rematada totalmente a praza da Cooperación e solucionados os problemas eléctricos dos veciños. O novo transformador posibilita duplicar a potencia e as posibilidades de consumo. Deste xeito se cubren para moitos anos as necesidades de potencia e de consumo dos veciños, apunta o alcalde. O troco de cableado tamén mellora a potencia e o consumo nas vivendas. A actuación ascende a 230.000 euros financiados polo plan E de investimento local do Goberno de España.
A empresa concesionaria informa que para a semana que ven comezará o marcado de servizos na zona, un dos primeiros traballos técnicos do proxecto.
O alcalde Iván Puentes resalta esta obra como unha das demandas máis perseguidas polas veciñas e veciños de Fene. “Dende o primeiro día traballamos conxuntamente cos veciños en buscar unha saida ao tema da falta de potencia nos ascensores. O soterramento do transformador eléctrico e o troco de cableado favorecerá notablemente este novo servizo que terán agora os bloques do barrio. Duplicamos a potencia e solucionamos o problema da limitación existente de enerxia eléctrica”, apunta o rexedor municipal. Iván Puentes espera que con “esta actuación axudemos a unha mellor calidade de vida dos veciños de San Valentín” O alcalde deséxalles a todos unhas felices festas nesta fin de semana de patrón.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario