O Concello de Fene ven de devolver unha subvención concedida polo Ministerio de Industria ao abeiro do Plan Ferrol para a instalación de fibra óptica no parque empresarial de Vilar do Colo. A axuda alcanzaba a cantidade de 68.000 euros, e o ente municipal debe agora tamén aportar os intereses desa cantidade dende que foi recibida ata a materialización da devolución. Segundo denuncia o Bloque Nacionalista Galego, o alcalde Iván Puentes amosouse incapaz de xestionar e executar a citada subvención polo que se veu obrigado a devolvela. A falla de eficacia provocou ademais que a devolución se teña que completar cos intereses bancarios.
O BNG considera "insólito que se deixe escapar unha axuda tan necesaria para acometer a modernización tecnolóxica de Vilar do Colo, algo reclamado insistentemente polas empresas instaladas no parque empresarial". Os nacionalistas indican que presentarán no vindeiro pleno unha moción, "instando a unha rápida constitución da asociación de empresas da superficie industrial, ente que se encargará do mantenemento dos viais de Vilar do Colo". O BNG tamén propoñerá xestionar coa Xunta de Galicia a cesión do tramo de vial que vai dende o enlace coa estrada das Pontes ata a denominada "via rápida" a Ares-Mugardos. Asimesmo reclamará a Audasa a reparación do tramo da saida da autopista, deteriorado como consecuencia do seu uso polos autobiles que saen da AP - 9.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario