O presidente da Deputación Salvador Fernández Moreda e o Alcalde Iván Puentes reinaugurarán a instalación despois das obras de colocación da nova pista polideportiva e de mellora da instalación
Un partido de Fútbol Sala servirá como acto central de inauguración asi como a exhibición de ximnasia rítmica das nenas da escola municipal
Sortearanse agasallos entre o público participante. A entrada é gratuita
Sortearanse agasallos entre o público participante. A entrada é gratuita
O vindeiro sábado será un día grande para o Concello de Fene, afirma o rexedor fenés Iván Puentes. As 17.00 horas comezarán os actos de reapertura do pavillón polideportivo de O Ramo de Barallobre. A infraestructura estivo pechada estes anos xa que se lle trocou a pista deteriorada polo uso e polo tempo e tamén se realizaron obras de acondicionamento da instalación deportiva. A actuación realizouse con fondos da Deputación Provincial de A Coruña. Os actos comezarán ás 17.00 horas co descubrimento dunha placa. Asistirán o presidente da Deputación Provincial de A Coruña Salvador Fernández Moreda, o Alcalde de Fene Iván Puentes, membros do Goberno Municipal e da Corporación de Fene. Tamén están invitados representantes do tecido asociativo fenés e deportistas do Concello. Un partido de fútbol sala entre o Begasucegsa Unidade de Fene e o Parrulo Ferrol, F.S. servirá de acontecemento deportivo inaugural da instalación. No descanso do encontro de fútbol –sala e ao final do partido celebrarase unha exhibición de ximnasia rítmica a cargo das alumnas/os da escola municipal desta modalidade deportiva.
O alcalde Iván Puentes e a Concelleira de Cultura e Deportes Carmen Silvar entregarán agasallos tanto aos representantes dos dous clubs de fútbol sala que participan no acto como aos membros da escola municipal de ximnasia rítmica. Ao final do acto celebrarase un sorteo de agasallos entre o público asistente. Agasallos cedidos pola empresa “Marvi” que colabora neste acto. A entrada ao recinto é gratuita e no acceso entregarase unha rifa, tamén gratuita, para participar no citado sorteo.
O alcalde de Fene Iván Puentes afirma que este é un día histórico para Fene coa recuperación do pavillón polideportivo de O Ramo en Barallobre, o primeiro pavillón cuberto que tivo Fene e que servirá para incrementar, notablemente, a oferta de infraestructuras deportivas que pon o Concello ao servizo das veciñas e dos veciños de Fene. Puentes resalta a importante capacidade en instalacións que posue Fene coa posta en marcha deste pavillón. O rexedor fenés quere recalcar que durante este mandato se amañou o pavillón de O Ramo de Barallobre, o campo de fútbol de Os Pinares, agora de titularidade municipal, así como varias pistas polideportivas e, nestes intres, están por rematar os novos vestiarios do campo municipal de fútbol de Os Pinares e tamén as novas torretas eléctricas deste terreo municipal de fútbol. Puentes tamén lembra as actuacións levadas a cabo durante este mandato na piscina de Centieiras, no ximnasio do pavillón de A Xunqueira e os parques biosaudabeis que se puxeron en marcha en todo o Concello nos últimos catro anos.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario