O goberno municipal de Fene, concretamene o Alcalde e o Concelleiro de obras, levan meses fuxindo dos veciños de Fene. Varios veciños da zona do Sartego levan meses sen ser atendidos para algo tan básico como dotalos de auga da traída e de arranxar os seus camiños, son unhas 20 vivendas afectadas por esta problemática. Evasivas, largas e excusas, son as respostas habituais do concelleiro de obras ás demandas dos veciños. O Grupo Municipal do BNG, logo de xuntarse con varios destes veciños, solicitou unha xuntanza dos grupos municipais para ver de darlle unha solución pactada entre todos. A sorpresa é maiuscula cando mes e medio despois non se da resposta a esta demanda desde o goberno local. Polo contrario o Alcalde atende urxentemente a veciños dun camiño, próximo á zona do Sartego, para ser arranxado.
Neste caso trátase do camiño da Casavella, onde os concelleiros do BNG foran denunciados por unha veciña por arranxar o camiño e que hai uns meses o xuzgado deu a razón á xestión nacionalista no anterior mandato. Neste caso, logo de perder no xulgado, o Alcalde apúrase a atender a estes veciños que contan cunha sentenza que lles da a razón e que afirma que é unha obriga do concello arranxar o camiño. Para o BNG é un síntoma de pouca capacidade política a de seleccionar a quen se atende cando os problemas a resolver son semellantes
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario