O alcalde de Fene Iván Puentes y o concelleiro de persoal Juan Lourido reuníronse esta mañá co Comité de Empresa de Navantia Ferrol-Fene, que se achegaron á casa do Concello de Fene para manter unha xuntanza cos responsabeis do goberno de Fene. Iván Puentes afirmou ao termo da xuntanza que o goberno fenés apoia totalmente as reivindicacións dos traballadores. “Como sempre fixemos no pasado, no presente e sempre faremos no futuro” apunta Puentes. O alcalde fenés recalca a defensa dos estaleiros de Perlío como empresa pública e englobado dentro da actividade de construcción militar e civil. Puentes afirmou ao remate da reunión que o goberno fenés levará a pleno as reivindicacións dos traballadores a través dunha moción que será remitida a todos os grupos políticos para levar un escrito consensuado que se presentará na sesión ordinaria de xaneiro da Corporación Municipal.
O Comité solicita o cumprimento e definición dos compromisos de carga de traballo, recollidos nos acordos do 2004, que no caso de Ferrol-Fene engloba a construcción da 2ª fragata F-100.
A recuperación de mercados, a posta en marcha de calquera proxecto de construcción naval civil ou militar, compaxinándose os distintos proxectos, como construcción de buques militares de mediano e gran porte, buques civís, off-shore, reparacións de buques militares e civís de todo tipo, turbinas e enerxías renovables. O Comité tamén reclama investimentos en I+D+i, en función do proxecto industrial final e un novo modelo de industria auxiliar sobre normas que regulen as materias referentes ás empresas, traballadores e relación entre Navantia e as auxiliares. O Comité tamén reclama a incorporación dun número importante de xóvenes aos planteis da principal, formados por e dentro da empresa Navantia.
O Comité de Empresa de Navantia solicita o apoio do Concello de Fene as súas reivindicacións e o alcalde comprometeuse de apoiar as medidas e de levar o tema ao pleno ordinario do mes de xaneiro.
.
ya pero que pide este gobieno de Fene,si ni ellos mismos casi no quisieron apoyar la vuelta a la construcción civil...
ResponderEliminarÉ Navantia FENE-FERROL
ResponderEliminar