Os últimos datos coñecidos da relación de prazas definitivas e provisiónais de profesorado no concello de Fene fixeron saltar as alarmas no BNG da localidade. A Xunta de Galiza elimina 34 prazas definitivas de mestres de educación infantil e primaria de todas as especialidades posibeis e en todos os centros educativos. Con este recurte, desde o BNG de Fene, entendemos que a intención da consellería de Educación non é outra que a de preparar o camiño para dar un novo golpe aos servizos públicos. O grupo municipal do BNG dirixiu ao seu grupo parlamentar unha serie de preguntas dirixidas á Consellería de Educación.relaitavas a esta situación. O caso de Fene é único no pais, somos o único concello onde se da un recurte desta medida. O GP preguntará cal é o obxectivo desta reducción, cal é a planificación da Consellería do ensino de educación infantil e primaria para Fene, e se ten a Consellería algunha previsión de peche de centros para Fene.
O portavoz nacionalista, Manuel Polo, xa preguntou no último pleno si o goberno local tiña coñecemento da situación. A pregunta do BNG non obtivo unha resposta positiva pero sirveu para que desde a alcaldía se falara coa Consellería, pedindo unha aclaración, e se convoque un Consello escolar municipal para o vindeiro luns.
O BNG vai manter xuntanzas co movemento asociativo para informar dos datos reais existentes e da liña política de recurtes que está a aplicar o goberno autonómico do PP aos servizos públicos básicos como neste caso a educación.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario