A Concellería de Cultura e Deportes que dirixe Carmen Silvar continúa co desenvolvemento do seu programa de Nadal.No Concello de Fene seguimos apostando pola Maxia, e dentro da programación de Nadal non podía faltar unha actuación máxica.
Mañá martes, día 21 de decembro de 2010, ás 19.30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura terá lugar a actuación do Mago Dani García.
A orixinalidade, a comedia e o drama, xúntanse coa maxia neste espectáculo, para facer pasar a toda a familia un tempo dos que non se esquecen. Efectos de maxia nos que participa o público, efectos con alimentos e mesmo co propio corpo do mago, que rouban un sorriso ao espectador e demostran que todo é posible no mundo da ilusión.
Para tódolos públicos, entrada de balde.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario