lunes, 6 de diciembre de 2010

Este venres a mesa de contratación adxudícará a obra do muro das Chancas de Perlío

A actuación, que ascende a 300.000 euros é a primeira das obras incluídas nos plans provinciais agora desbloqueadas tralas xestións entre o Alcalde e o Presidente Provincial

O vindeiro venres ás 8:30 horas reunirase a mesa de contratación do Concello de Fene para adxudicar a construcción do muro de contención das Chancas (Perlío) A obra, que ten ten un orzamento de 300.000 euros pretende asegurar un elevado talude que soporta unha via municipal, tralo derrumbe que afectou á zona hai xa uns anos.

Ademais da propia importancia da actuación en cuestión, o Concelleiro de Obras e Servizos, José Antonio López, destaca que “se trata da primeira obra que o Concello e a Deputación desbloquean das contidas nos plans provinciais que non puideran ser executados ata o día de hoxe. Unha vez desbloqueada esta, iranse desbloqueando unha tras outra as demais, tal e como afirmou Salvador Fernández Moreda na súa recente visita a Fene, de tal forma que o Concello poderá investir xa os case dous millóns de euros previstos para destinar a servizos básicos, camiños, auga e alcamtarillado, en tódalas parroquias de Fene.”

A actuación retrasouse debido á necesidade de elaborar un novo proxecto, cun novo estudo xeotécnico e cun novo proceso administrativo, que foi elevando o seu cueste ata chegar á cifra actual, que significa investir o 100% do Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) do ano 2007, financiado pola Deputación Provincial, nesta obra.

O muro de contención das Chancas de Perlío, serve para separar o desnivel existente entre este lugar da zona de Perlío, máis elevado, con respecto da Xunqueira de Perlío e a zona do Penedo de Barallobre. Deste xeito, a zona das Chancas queda consolidada con respecto ao paso da Estrada da Palma na zona da Xunqueira e camiño do Penedo na parroquia de Barallobre.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario