O Concello cedeu hai tempo unha parcela en Perlío á Xunta para a promoción de 24 vivendas públicas. O goberno galego comprometeuse a reactivar o tema, paralizado ao día de hoxe, cara o exercizo do ano que ven.
O alcalde e o concelleiro tamén se interesaron pola promoción de 7 vivendas no Sartego. A actual Xunta de Galicia rescindiu o contrato de adxudicación establecido polo anterior goberno autónomo. Os responsabeis municipais esperan que se reactive este proxecto.
O alcalde de Fene Iván Puentes e o concelleiro de urbanismo Manuel Angel Rodríguez Carballeira mantiveron unha xuntanza esta mañá co director xeral do Instituto Galego da Vivenda e do Solo. O motivo da reunión era a reactivación dunhas promocións publicas de vivendas no termo municipal de Fene, concretamente na avenida do Tarrío, na zona de Perlío, e no lugar do Sartego, na parroquia de Fene.
O Concello de Fene cedeu no seu día un terreo á Xunta de Galicia na parte de atrás da avenida do Tarrío. Neste terreo estaba prevista a construcción de 24 vivendas de promoción pública pero a Xunta de Galicia todavía non iniciou os trámites administrativos para o inicio da actuación.
Na reunión desta mañá, os responsabeis autonómicos comprometeronse a encargar o proxecto no ano 2011 e iniciar os trámites. O Instituto Galego de Vivenda e Solo recoñeceu aos responsabeis municipais que non hai nada feito sobre esta promoción pública.
Vivendas de O Sartego
O Concello de Fene cedeu uns terreos á Xunta de Galicia no lugar do Sartego na parroquia de Fene, concretamente detrás do parque Castelao. Estes terreos foron cedidos para a construcción de 7 vivendas unifamiliares de promoción pública. A anterior Xunta de Galicia (gobernada polo PSOE e o BNG) adxudicou a obra pero a actual Xunta de Galicia rescindiu o contrato establecido polo que a promoción atópase paralizada. O alcalde e o concelleiro de urbanismo esperan que a Xunta retome o tema e volva de novo a iniciar a promoción.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario