viernes, 19 de noviembre de 2010

Organizan unha homenaxe aos 100 candidatos nacionalistas no Concello de Fene

Antonio Pita García foi candidato número 5 do BNG en 1987

Francisco Allegue Tenreiro “Pancho” que morreu o 4 de setembro de 2005

Arredor de 100 persoas integraron as candidaturas nacionalistas no Concello de Fene nas eleccións municipais celebradas dende 1979. O Bloque Nacionalista Galego rendirá homenaxe a todos eles, nun acto que se celebrará o sábado 27 de novembro nas instalacións do Círculo
Mercantil e Industrial Unidade de Fene. O BNG entregarálles una lembranza en sinal de agradecemento pola súa contribución a erguer un proxecto de transformación social, de defensa da industria local e da cultura galega. Este compromiso humano tan importante foi o que fixo posíbel que Xosé Mª Rivera Arnoso se mantivera 28 anos á fronte da alcaldía.
Doce deses candidatos presentados nas oito convocatorias de comicios locais, xa faleceron e por iso o recordo entregaráse ás súas viuvas ou familiares.
Serviráse unha cea aberta aos cidadáns interesados. O prezo do cuberto ascende a 25 euros, que se deberá abonar na conta bancaria do Bloque Nacionalista Galego de Fene en Caixa Galicia ou en persoa no local do BNG de Fene o mércores 24 de novembro entre as cinco e as oito da tarde.

Francisco Allegue foi o último edil do BNG falecido en activo posteriormente faleceu Moncho Bello (6 de abril do 2007) que fora concelleiro en 1979. Antonio Pita García foi candidato número 5 do BNG en 1987

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario