sábado, 6 de noviembre de 2010

O Goberno convoca comisión de facenda o martes para propoñer a conxelación das tasas municipais aplicando o IPC

Segundo a proposta do PSOE, a todas as taxas se lles aplicará o IPC. Polo tanto non aumenta a súa capacidade impositiva e pódese falar de conxelación técnica.

No caso da tasa da auga sin siquera se aplicará o índice de prezos ao consumo e o seu prezo quedará igual que no presente exercizo.

O vindeiro martes pola mañá terá lugar a comisión extraordinaria de facenda para tratar o tema das tasas municipais do 2011 (as tasas teñen que ir por imperativo legal en comisión e pleno extraordinario). O Partido Socialista propón a conxelación e a aplicación do IPC ás tasas municipais para o vindeiro ano 2011. A comisión quedou convocada onte venres e os plans do Goberno Municipal son convocar o pleno para o xoves ou venres da vindeira semana. Búscase que as veciñas e os veciños de Fene non paguen os efectos da crise económica que vivimos e para elo ao longo deste ano puxéronse en marcha novas ordenanzas municipais baseadas en gravar máis aos que máis teñen. Deste xeito, o Concello de Fene aprobou o ano pasado unha tasa para gravar ás entidades bancarias que dispoñen de caixeiros automáticos en Fene e tamén gravar ás empresas de telefonía móbil polo número de clientes que teñan en Fene. A crise económica que vivimos obríganos a ser disciplinados no gasto público e restritivos na recadación impositiva, para beneficiar ás veciñas e ós veciños, que xa teñen que facer frente a moitas cargas financeiras.

O goberno de Fene é conscente de que hai tasas como o servizo de recollida do lixo ou as tasas por actividades deportivas que son claramente deficitarias. Nesta proposta búscase que non medrara este deficit. O Concelleiro de Facenda Manuel Angel Rodríguez Carballeira afirmou que estas tasas son cargas impositivas pero para tempos de crise. O edil responsable razonou, deste xeito, a subida do IPC e polo tanto a conxelación técnica das tasas.

.

2 comentarios:

  1. Alucinante la clase magistral de economia del Psoe en Fene: Congelar impuestos y tasas es aplicar el IPC. Con un par, como para miccionar y no echar gota. Falta menos para mayo.

    ResponderEliminar
  2. Si suben un 2% no es congelación. Lo que pasa es que están influenciados por el doble lenguaje de ZP y nos quieren hacer tontos. Congelación es en las pensiones y salarios de funcionarios. O será subida? con Zapatroulas y su simil convertido en Alcalde de Fene nunca se sabe.

    ResponderEliminar