lunes, 29 de noviembre de 2010

O BNG PREGUNTA POLA DEMORA NO INICIO DAS OBRAS NO PORTO DE BARALLOBRE

Os deputados nacionalistas Bieto Lobería e Ana Luisa Bouza veñen de rexistrar unha pregunta relativa ás obras de mellora do peirao de Barallobre.

As melloras nesta instalación son unha demanda histórica do sector do marisqueo e a pesca no noso concello e que o BNG ven apoiando e damandando con firmeza. Teñen sido moitas as promesas e é tempo xa de que os compromisos pasen a ser realidades.

O 16 de abril formailizouse a licitación para a adxudicación da obra cun prazo de execución de oito meses. Dous meses máis tarde, o 18 de maio, o Presidente de Portos de Galiza visitaba Barallobre para confirmar a inminencia do inicio das obras. Sete meses despois da visita non teñen dado comenzo as obras. Debido a esta situación os nacionalistas de Fene trasladamos a nosa preocpación aos deputados do grupo paralamentar para que preguntasen na cámara galega;
  • 1) Por que razón se incumpriron os prazos previstos en relacións ás obras de mellora no Porto de Barallobre?
  • 2) Cando darán comenzo?
  • 3) Cando rematarán?
Para o portavoz do BNG no cocello de Fene, Manuel Polo, afima que ” o goberno de Feijoo ten moitos compromisos sen inciar no noso concello e desde o BNG non imos quedar pasivos e perdendo oportunidades de investimentos necesarios para os nosos veciños e veciñas, agardamos que nesta ocasión as obras do porto comencen antes do fin do ano,.

.

1 comentario:

  1. E con que cara reclama o BNG esa obra despois de tantos anos de goberno en Fene e catro na Xunta. Agora si que se vai facer antes soio sacaban fotos. Se non que o pregunten na cofradía de Barallobre.

    ResponderEliminar