lunes, 29 de noviembre de 2010

Iván Puentes reúnese co presidente de Adif para por en marcha as obras dos pasos de peóns na via férrea en Perlío

O alcalde de Fene Iván Puentes reúnese esta vindeira semana co presidente de Adif (entidade que xestiona as infraestructuras ferroviarias e que pertence ao Ministerio de Fomento) coa intención de concretar os extremos da actuación prevista en Fene para a renovación do peche da via do tren ao seu paso pola zona urbana de Perlío e os pasos inferior na estación de Perlío e o paso elevado na zona do cruceiro.

A pasada semana os técnicos de Adif e do Concello de Fene reuníronse coa intenci´n de rematar canto antes os proxectos respectivos desta actuación e deste xeito, continuar co procedemento de adxudicar xa as obras.

Agora, se trata de manter unha nova reunión ao máximo nível entre os representantes do Concello e de Adif para xa concretar plazos, pasos e orzamentos previstos. Dende o inicio do actual mandato, o alcalde Iván Puentes marcouse como prioritaria a realizaci´n desta obra, unha das actuacións máis demandadas polas veciñas e os veciños de Fene. Dende a chegada á alcaldía, Puentes xa mantivo numerosas reunións, que tivero o seu cumio coa visita do ministro de Fomento José Blanco a pasada primavera a Fene.

Nesta visita, o ministro comprometeuse á financiación das obras e, polo tanto, asinou un convenio mediante o cal o Ministerio de Fomento asume a construcción destes pasos e a renovación de todo o peche perímetral da vía co fin de reducir o seu impacto e aumentar a integración da vía férrea no centro urbán de Fene e darlle, deste xeito, máis seguridade ás veciñas e os veciños que transitan a diario entres estas zonas.

Co comezo desta obra, o Goberno de Fene e o Ministerio de Fomento cumplen coa súa palabra e despois de décadas de reivindicación veciñal xa podemos dicir que están en marcha o proceso polo cal Perlío contará con pasos de peóns no camiño de ferro. O alcalde Iván Puentes espera que está obra esté totalmente rematada a mediados do ano que ven.

.

1 comentario:

  1. e non era sin hora q levamos decadas cruzando pola via,e o paso elevado de perlio esta todo enferruxado e con buracos q se ve o chan dende enrriba
    a ver si he certo e empezan xa de unha vez

    ResponderEliminar