viernes, 26 de noviembre de 2010

BAIXO O LEMA “FEITO EN FENE” O BNG HOMENAXEA ÁS CANDIDATURAS NACIONALISTAS DESDE 1979

Máis de un cento de persoas teñen confirmada a súa asistencia ao acto que mañá sábado ás 21:30 horas terá lugar no CMI Unidade de Fene en homenaxe ás candidaturas nacionalistas
de Fene. O acto de homenaxe consistirá nunha cea de confraternidade, unha entrega de agasallos ás persoas candidatas das diferentas épocas e unha actuación musical a cargo do grupo de Rock local “Emanems” O acto estará guiado pola responsábel local, Ana Isabel Santiago, e nel terán unha participación especial os membros de Galiza Nova de Fene.

Como non podía ser de outro xeito, tamén intervirán o alcalde de Fene durante 28 anos, Xosé Mª Rivera, e o candidato á alcaldía Juventino Trigo.

Esta confirmada a asistencia do Portavoz do BNG no Congreso e membro da Executiva Nacional, Francisco Jorquera, e da deputada e membra da Executiva Nacional, Ana Luisa Bouza.
Con este evento o BNG inicia unha intensa actividade social para dar a coñecer o novo proxecto nacionalista para Fene mantendo unha conexión con todas as persoas que fixeron posíbel todo o Feito en Fene.

.

1 comentario:

  1. y que hicisteis en fene en 28 años?ah,ya me acuerdo.ROBAR,ROBAR,ROBAR,ROBAR,etc....

    ResponderEliminar