sábado, 30 de octubre de 2010

A XUSTIZA AVALA O BO FACER DA EX–CONCELLEIRA DE OBRAS DO BNG NO CONCELLO DE FENE, Mª ALICIA MARTÍNEZ.

A denuncia contra Alicia Martínez, ex Tenente de Alcalde do BNG no Concello de Fene ata a pasada lexislatura, ven de ser sobresida pola Maxistrada – Xuíz do Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de Ferrol.

A denuncia, interposta pola familia do actual concelleiro de Obras no Concello de Fene, José Antonio López Rodríguez, acusaba a Alicia Martínez de prevaricación por ceder material aos veciños para a reparación do camiño da Casavella, un camiño de serventío sito na parroquia de Fene, que da servizo a varias familias e que a denunciante reclama da súa propiedade.

A actuación da ex – concelleira foi a resposta á solicitude realizada polos veciños da zona para facilitar o acceso ás súas vivendas, dificultado polo estado do camiño, sobre todo pola necesidade de acceso periódico da ambulancia á zona para a atención a un dos veciños do lugar.

O fallo da xuíza cuestiona non so a propiedade da denunciante, asegurando que non acredita a titularidade do camiño e ademais poñendo de manifesto que a reparación do mesmo ten sido un beneficio colectivo, tanto para a denunciante como para o resto dos veciños.

Así as cousas, o fallo do xulgado nº 2 ven a demostrar non so que a actuación de Alicia Martínez durante a súa responsabilidade á fronte do área de Obras e Servizos, ten sido dunha honradez meridiana senón tamén que a súa actuación viña a respostar á busca do beneficio colectivo dos veciños e veciñas de Fene.

Dase a circunstancia de que o camiño foi asfaltado durante esta lexislatura por orde do fillo da denunciante, á sazón actual concelleiro de obras no Concello de Fene.

Dende o BNG de Fene queremos amosar o apoio incondicional a Alicia Martínez e a nosa satisfacción porque a xustiza non de creto ás calumnias sobre o bo facer dos/as nacionalistas durante o seu Goberno no Concello de Fene.

.

1 comentario:

  1. son veciña do camiño polo cal tivo problemas Alicia martinez eu tamen quero felicitala polo resultado do xuizo,e agradecerlle que como concelleira axudou a que tivesemos un acceso un pouco mais decente.Moitas gracias alicia.
    Tamen quero deixar constancia que agora mesmo no camiño estamos peor que nunca e casi intransitable,esperemos que non axa ningunha unxencia pois estamos perdidos.
    E sabedes que din no concello? que non se pode facer nada que vos parecen?o mesmo teran que preguntar a o goberno anterior como se fai?

    ResponderEliminar