Caramuxo Teatro presenta en Fene o vindeiro venres, 22 de outubro, o primeiro espectáculo galego de teatro para bebés de 6 meses a 3 anos. Trátase da peza “Glub, glub”, unha historia sobre a amizade entre un barco de papel afundido no mar e un peixe xoguetón. Para esta última actividade do mes de outubro na biblioteca municipal de Fene anúncianse dous pases, ás 18 h. e ás 19h. A entrada será libre e gratuita aínda que se recomenda confirmar asistencia no teléfono 981-342302.
“Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce aos máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente”. Deste xeito define Caramuxo Teatro o seu espectáculo “Glub, glub”, escrito, dirixido e representado por Juan Rodríguez. Trátase, segundo a compañía, dunha “oportunidade única para desfrutar cos fillos da primeira viaxe polo mundo do teatro”.
Caramuxo teatro é unha compañía de teatro adicada ó público infantil e xuvenil. Realiza espectáculos para diferentes idades, dende bebés ata adolescentes, empregando técnicas diversas (teatro de actor, títeres de mesa, títeres de luba, teatro de rúa).
Consultar Agenda hoy
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario