A todas as taxas se lles aplicará o IPC. Polo tanto non aumenta a súa capacidade impositiva e pódese falar de conxelación técnica.
No caso da tasa da auga espérase a aclaración de datos por parte da empresa concesionaria e tamén a coñecer definitivamente a política de gravamen imposta pola Xunta de Galicia.
O Partido Socialista acorda co Bloque Nacionalista Galego de Fene a conxelación e a aplicación do IPC ás tasas municipais para o vindeiro ano 2011. O acordo plasmarase nunha vindeira comisión de facenda e será aprobado nun pleno extraordinario. PSOE e BNG garantizan a maioria absoluta na votación plenaria para sacar as tasas adiante. Búscase que as veciñas e os veciños de Fene non paguen os efectos da crise económica que vivimos e para elo ao longo deste ano puxéronse en marcha novas ordenanzas municipais baseadas en gravar máis aos que máis teñen. Deste xeito, o Concello de Fene aprobou o ano pasado unha tasa para gravar ás entidades bancarias que dispoñen de caixeiros automáticos en Fene e tamén gravar ás empresas de telefonía móbil polo número de clientes que teñan en Fene. A crise económica que vivimos obríganos a ser disciplinados no gasto público e restritivos na recadación impositiva, para beneficiar ás veciñas e ós veciños, que xa teñen que facer frente a moitas cargas financeiras.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario