jueves, 21 de octubre de 2010

O GOBERNO DE PUENTES INCAPAZ DE CONVOCAR A COMISIÓN DE FACENDA PARA APROBAR AS ORDENANZAS FISCAIS PARA 2011

O terceiro xoves de cada mes ás 8:30 da
mañá celébrase a Comisión ordinaria de facenda no concello de Fene e
en palabras do seu presidente hoxe iría a proposta de ordenanzas
fiscais para o 2011. Pois como ven sendo habitual o goberno de Puentes
non é quen de facer a convocatoria e coo consecuencia non hai proposta
de ordenanzas fiscais para o 2011. Desde o BNG xa lle comunicamos a
nosa postura a través dunha serie de criterios para facer unha
revisión global das ordenanzas. A vontade do BNG e que Fene poda
mellorar en materia fiscal polo que nos brindamos a escoitar e
negociar as propostas do goberno socialista. Desde o noso punto de
vista este goberno non está á altura das circunstancias. Na actual
situación de crise Fene carece de política económica, sendo os únicos
avances en materia fiscal os novos feitos impositivos propostos polo
BNG, que con dúas novas ordenanzas sobre o espazo radioeléctrico que
grava ás empresas de telefonía móbil e sobre os caixeiros automáticos
na rúa que grava ás entidades financieiras, o concello recada en torno
a 70.000 €. O portavoz nacionalista, Manuel Polo, afirma “ que o
Alcalde só fala e polo medio de tanto discurso introduce falsedades
como a relativa ao endebedamento do concello que é exactamente a mesma
hoxe que hai 4 anos darredor do 40%, que por outro lado é un nivel
perfectamente asumíbel para o concello xa que o límite legal atópase
no 110% dos recursos ordinarios do mesmo”

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario