miércoles, 27 de octubre de 2010

O Concello de Fene propón o asfaltado das pistas de Lubián e de Río Castro en Limodre, froito do consenso de todos os grupos políticos

O Concello de Fene acordou propoñer o asfaltado da pista de Vilanova a Lubián en Sillobre e da pista de Río Castro entre a estrada de Cabanas ata a vía do tren na parroquia de Limodre xunto coa recollida de augas pluviais. A obra corresponde ao PEIM (Plan Estratéxico de Infraestructuras do medio rural) e ten un orzamento de 50.080 euros. O Concelleiro de Obras e Servizos José Antonio López afirma que a proposta naceu do consenso de todos os grupos políticos na reunión mantida esta semana onde todos os grupos plantexaron as súas propostas e fíxose un mínimo común denominador en aras do consenso.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario