O BNG de Fene ven de propoñer o arranxo das pistas de Vilanova a Lubián e de baixada á praia de Río Castro en Limodre. As obras consistiran no asfaltado dos dous camiños e na recollida das augas pluviais. Na xuntanza mantida a semana pasada entre os difenrentes grupos políticos do concello de Fene aceptouse a proposta nacionalista para investir os 50.000 que achega a Xunta de Galiza a través do Programa Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural (PEIM) nestas actuacións. O BNG segue a levar a iniciativa no concello sendo, como en ocasións anteriores, a única forza política capaz para facer propostas concretas en todas e cada unha das ocasións nas que é necesario.
Desde o BNG queremos lembrar que debido á xestión do concelleiro de obras está sen executar o PEIM do 2009 co que se preendía arranxar a subida de Mundín a Santa Ana e o estanque da praia de río Sandeo.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario