martes, 26 de octubre de 2010

O BNG observa diferencias no seo do goberno socialista no tema das ordenanzas fiscais

Os nacionalistas apostamos pola actualización das ordenanzas tendo en conta o momento de desemprego e crise que vivimos.

Na xuntanza mantida no día de onte entre os representantes do BNG e o concelleiro de facenda quedou en evidencia a discrepancia existente no goberno socialista a respecto das ordenanzas fiscais. Por unha banda o concelleiro delegado de facenda Manuel Rodriguez Carballeira fala de subir o IPC (2,1%) en xeral e o 5% na taxa do servizo de recollida de lixo e tamén o 5% nas escolas culturais e deportivas e por outra banda desde a alcaldía lánzase a ídea de conxelar as taxas.

O BNG ten rexistrado un documento con sete ideas de cara a aprobación das ordenanzas fiscais. Para o BNG neste intre de crise as taxas e impostos deben estar pensadas para as persoas con dificultades económicas, revisando os criterios de exención total ou parcial e estudándose o fraccionamento do pago de algún imposto elevado como pode ser o IBI. Por outra banda as potencias subidas nas taxas deben ir acopañandas dos estudos económicos correspondentes que permitan valorar a evolución dos mesmos e o desiquilibrio que teñen. Finalmente no BNG vemos con preocupación como non se actualizan os textos das ordenanzas para poñelas ao servizo da xente, falamos de modificacións nas ordenanzas de axuda no fogar, adaptándoa a Lei de Depondencia ou no Imposto de vehículos IVTM que debe contemplar a exención permanente dos vehículos históricos ou as reduccións nos que utilizan enerxías limpas. O BNG non vai participar na cerimonia da confusión que traslada o goberno do PSOE dicindo unhas cousas en público e outras en privado. Para o portavoz nacionalista, Manuel Polo, "falta rigor e traballo no tratamento deste tema e sospeitamos que ao final vaian a unha conxelación por incapacidade que ademais o PP xa anunciou que vai apoiar"

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario