lunes, 18 de octubre de 2010

O BNG de Fene dá a coñecer a súa proposta para as taxas e impostos do 2011

O portavoz nacionalista no concello,Manuel Polo Gundín, vaille facer entrega aos grupos municipais os criterios do BNG para a elaboración das ordenanzas fiscais (taxas e
impostos) para o ano 2011. Para os nacionalistas o goberno municipal debe elaborar un estudo económico de cada ordenanza fiscal onde se avalíen os textos e as cargas de cada taxa e de cada imposto.

No actual contexto de grave crise económica e de alto desemprego o concello debe tomar medidas específicas desde a modificación dos criterios de exención total ou parcial ou tamén do pagamento fraccionado de determinados impostos. Desde o BNG entendemos que calquera subida neste momento ten que estar xustificada polo estudo económico e pola mellora do servizo. Para mellorar a recadación, en xeral, habería que revisar os padróns de tal xeito que se incrementen o número de pagadores. Coa reducción do 5% dos salarios dos empregados públicos e falla de investimento nos diferentes servizos non é
razoable realizar incrementos nas taxas nos servizos públicos. Estas medidas propostas polo BNG, son coxunturais, e deben revisarse no intre que exista un cambio de ciclo económico entendendo que o concello debe manter un nivel de servizos que non lastre ou limite sobremaneira o resto do gasto do concello. O BNG non entrará en debates abstractos de subidas, baixas ou conxelacións sen ningún criterio obxectivo que non atenda a unha xestión de taxas e impostos, eficaz, eficiente e responsábel. Por isto estamos sorprendidos de que desde o goberno se nos dea traslado dunha proposta de subida de taxas e impostos que non ten que ver coa de conxelación anunciada nos medios de comunicación. A pesar da improvisación que amosa o goberno de Puentes o BNG vai apostar polo consenso en materia fiscal cuns criterios rigorosos e serios.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario