viernes, 29 de octubre de 2010
A exposición “Mulleres” de Marisa Flórez chega a Fene
A editora gráfica do xornal “El País” amosa nesta mostra unha colección de 39 imaxes da Transición, acompañadas por textos de Estrella Diego. Tratase dunha “homenaxe á muller que comeza a reivindicar e que representa un papel fundamental nese momento histórico de cambio político”. A exposición, promovida pola Deputación da A Coruña e o Concello de Fene, abre ao público o vindeiro venres, 5 de novembro, na Casa da Cultura (Avda de Conces, 22) e permanecerá nesta instalación municipal ata o vindeiro día 20. O horario de visitas será de luns a venres, de 10h. a 13h. e de 16h. a 21h., e os sábados de 10h. a 13h.
En “Mulleres”, Marisa Flórez plasma coas súas fotografías diferentes personaxes como as presas de Yeserías, a Pasionaria, as “chicas” Almodóvar, Susana Estrada e un longo etc. Todas elas son protagonistas e, á vez, testemuñas do inicio dunha etapa marcada por unha presenza clave e desinhibida da muller na sociedade. Neste senso, a exposición recolle “imaxes representativas dun tempo e un cambio a través da figura da muller”.
Marisa Flórez está considerada como unha das primeiras reporteiras gráficas na historia da fotografía española. Comezou a traballar en prensa –no xornal Informaciones- en 1971. No 76 ingresa no xornal El País, xusto no comezo dunha etapa marcada polo aperturismo político e a liberdade de expresión. Testemuña de moitos cambios políticos, coa súa cámara, a actual redactora xefa de fotografía do xornal El País, retratou a “flora e a fauna” da paisaxe política do momento.
Especializada no Parlamento, ao longo da súa dilatada carreira foi cubrindo unha a unha todas as lexislaturas. Neste senso, La Pasionaria, Carrillo, Blas Piñar, Alberti, Fraga, Suárez,... son algunhas das persoalidades que Marisa Flórez retratou neses anos. En 1979 acadou o Premio Nacional de Periodismo.
Consultar Agenda hoy
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario