O Concello de Fene pon en marcha os seminarios de educación dixital dirixidos á mocidade e as familias, docentes e monitorado
Os seminarios desenvolveranse no Círculo de Perlío e na Casa da Cultura de Fene
Os seminarios desenvolveranse no Círculo de Perlío e na Casa da Cultura de Fene
Dende a área de Dinamización Social, Benestar e Igualdade, dirixida por Rocío Rey, ponse en marcha este novo curso os seminarios de educación dixital que se enmarcan no Plan de prevención de drogodependencias e adiccións sociais e comportamentais. Esta actividade aborda a problemática da educación dixital de forma específica ofrecendo formación que ten que ver máis con aspectos sociais que tecnolóxicos, así como reforzar o papel educativo da familia e da comunidade.
“ O elemento máis importante non é a tecnoloxía, senón as relacións humanas”.
As persoas destinatarias deste programa son a mocidade é as familias, docentes e monitorado.
En que consiste?
As sesións dirixidas á mocidade son presenciais, onde dun xeito práctico e colaborativo, abordaranse experiencias, consultando dúbidas ou aportando coñecementos e información novidosa.
As sesións dirixidas a familias, docentes e monitorado son presenciais, nas que de forma participativa e cercana se darán a coñecer as vantaxes e perigos que implica Internet.
Preguntas que xurdirán no seminario, entre outras, son:
Somos conscientes que ao navegar pola rede imos deixando rastro?
Coñecemos unha serie de normas de comportamento que a propia Sociedade transmitiu a Rede para interactuar?
Con que ameazas nos podemos atopar?
Son delitos os escarnios públicos a través de internet?
Se temos un problema sabemos a onde acudir?
E veraz a información que consultamos?
O seminario dirixido a mocidade leva por título: “USOS NA INTERNET E REDES SOCIAIS”
As datas son: Venres 22 de outubro e 29 de outubro.
- O horario: de 17.00h a 18.30 h
- O lugar: no C.C.R.D Perlío. Rúa San Salvador, 12-14 .15500 - Perlío
As datas son: os Mércores 20 de outubro e 27 de outubro.
- O horario: de 19.00h a 20.30 h
- O lugar: na Casa da cultura de Fene, Avd. Conces 20 - 22
Internet, ciberespacio e sociedade en rede
Identidade dixital na sociedade en rede
Facendo amizades por Internet
Os mundos virtuais , realidade ou ficción
Como crear e xestionar unha identidade dixital
Os profesionais:
Participan no programa a técnica municipal responsable, a pedagoga, Mª José Paz Rodríguez, encargada de coordinar as distintas actividades.
O equipo da empresa Sdweb, especializada en comunicación dixital é quen se ocupa de deseñar os contidos e a impartición dos mesmos.
MÁIS INFORMACIÓN: SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
Avda. Naturais, 44 – entresollado
981 34 26 07 - 981 49 27 06
Consultar Agenda hoy
Consultar Agenda hoy
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario