MERCADILLO

sábado, 23 de octubre de 2010

Comezan as obras do aparcamento da escola infantil de Perlío

Estes días comezan as obras do novo aparcamento da escola infantil da Torre en Perlío. A actuación consiste no derrube do muro de Navantia que separa a escola da rúa e na preparación do chan para o uso de aparcamento, asi como a instalación de todos os elementos propios para un moderno estacionamento. Ademáis o Concello tamén realizará a reorganización do tráfico pola zona, tal que, os coches poidan sair directamente á estrada do peirao de Perlío.

O aparcamento ten a función de facilitar aos país, familiares ou títores dos 70 alumnas e alumnos a posibilidade de deixar ao neno no propio centro e poder marchar con axilidade. O novo aparcamento da escola infantil da Torre de Perlío é posible grazas á sinatura dun convenio entre Navantia e o Concello de Fene mediante o cal a empresa pública cede uns terreos ao carón da propia escola para este fin. A actuación financiada a través do plan E do 2010, ten un custe de 200.000 euros.

O alcalde de Fene Iván Puentes recalca que esta obra era unha demanda insistente dos país e das nais dos alumnos/as da escola infantil que tiñan problemas á hora de maniobrar cos seus vehículos para achegarse á escola infantil. A creación deste aparcamento facilitará o labor de achegar á nena ou ao neno ao centro infantil. Puentes espera que este tipo de investimentos poidan incrementar os servizos que se prestan aos veciños e poidan aumentar a calidade de vida do pobo fenés.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario