martes, 19 de octubre de 2010

BNG pide o apoio do Pleno á Plataforma contra o decreto do carbón

O grupo municipal do BNG ven de solicitar a celebración dun Pleno extraordinario para debater as seguintes propostas:

1.- O Pleno do concello de Fene acorda manifestar a súa adesión á Plataforma contra do Decreto do Carbón, asumindo os seus obxectivos, nomeadamente:
  • a) Solicitude de entrevista co Ministro de Industria.
  • b) Proposta de modificación do Decreto do Carbón:
O cupo asignado politicamente ao carbón español (estímase un 9 % da producción eléctrica anual), deberá ser repartido entre todas as tecnoloxías do sector eléctrico en proporción directa a súa contribución. É dicir, non só incidirá no carbón importado e tamén en menor medida, nos ciclos combinados de gas, senón que tamén afectará ao resto de tecnoloxías:hidráulica, nuclear, renovábeis, coxeración, etc.

2.- O noso concello manifesta o seu apoio á mobilización cidadá convocada para o vindeiro Domingo dia 24, baixo o lema “POLO DEREITO A PRODUCIR, POLO DEREITO A TRABALLAR NA NOSA TERRA” comprometéndose á maior difusión da convocatoria (bandos, anuncios, programa especial na radio municipal....) e facilitando o transporte das veciñas e veciños que desexen asistir.

Dese o BNG de Fene agardamos que se celebre este Pleno e que todos os grupos políticos apoien estas propostas xa que o emprego da nosa comarca depende de ter sectores productivos que funcionen en igualdade de condicións cos do resto do estado. Ferrolterra e Galiza non poden ser as paganas da crise, por isto animamos a todos os nosos veciños a participar na manifestación do vindeiro domingo 25 de outubro en Ferrol. Para o portavoz nacionalista Manuel Polo "é fundamental facerse oir e para iso temos que acudir todos xuntos á manifestación, a nosa comarca non pode asumir máis recurtes políticos da nosa capacidade productiva"


.

No hay comentarios:

Publicar un comentario