martes, 7 de septiembre de 2010

A segunda gardería de Fene obxectivo da visita de Puentes a Santiago

O alcalde de Fene Iván Puentes e a concelleira de Servizos Sociais Rocio Rey reuniranse mañán mércores coa secretaria xeral de Familia da Xunta de Galicia coa intención de avanzar na construcción da segunda gardería para o Concello de Fene. A xuntanza terá lugar ás doce do mediodía nas instalacións de San Caetano.

Actualmente o termo municipal fenés conta cunha escola infantil no lugar de A Torre en Perlío, inaugurada en setembro do 2007 polo anterior goberno da Xunta, dentro do circuito de Galescolas do Consorcio de Igualdade e Benestar. O equipo de Iván Puentes xa elaborou e xa remitiu o anteproxecto da segunda gardería que estaria ubicada na escola unitaria de O Ramo en Barallobre. Esta actuación xa leva un retraso de máis dun ano xa que a súa construcción paralizouse coa chegada da nova Xunta. O anteproxecto atópase na Consellería de Traballo e Benestar Social e concretamente na nova Axencia de Servizos Sociais, sucesora do Consorcio Galego da anterior Xunta de Galicia. Os terreos onde irá ubicada a gardería xa se atopan desafectados por parte da Consellería de Educación, polo que, soamente queda dar o visto bó ao desbloqueo da construcción da gardería. O Concello de Fene conta con 70 prazas en xornada partida de mañá ou tarde e hai unha lista de espera de arredor de vinte familias. O obxectivo do goberno de Iván Puentes é que o Concello de Fene conte con duas escolas infantís en menos dun ano para satisfacer a demanda existente das veciñas e veciños.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario