martes, 7 de septiembre de 2010

A reducción da débeda municipal obxectivo na reorganización do servizo de Radio Fene

A Emisora Municipal seguirá funcionando con dous redactores e un técnico de son

O goberno municipal seguirá no proceso de reducción de gastos e da débeda municipal, que pasou do 98% no último ano de xestión do BNG no 2006 ao 29% no pasado exercizo

Os dous redactores son recolocados provisionalmente neutros departamentos do Concello

A reducción da débeda municipal obriga a reestructurar determinados servizos, non imprescindibles para a veciñanza fenesa en tempos de crise. O Goberno de Fene decidiu recolocar a dous redactores da Emisora Municipal noutras dependencias do Concello, relacionadas coa Cultura, a Comunicación e o Arquivo Municipal. Con este reaxuste búscase optimizar os recursos humáns do Concello de Fene. A emisora municipal seguirá funcionando con dous redactores que elaborarán o magazine matinal e o informativo local e un técnico de son para labores técnicas. Os outros dous redactores son os recolocados, provisionalmente. O citado persoal laboral implicado aceptou os argumentos do Goberno Municipal á hora da recolocación. Con esta medida o aforro na Emisora Municipal é de máis do 40%, nunha radio con seis traballadores e varios colaboradores, é dicir, con máis persoal que moitas emisoras comerciais, sin contar os preto de cinco traballadores de Radiofusión que fán unha suma de máis de 12 persoas, sin contar colaboradores. O orzamento da Emisora Municipal ronda os 200.000 euros e mantén nos últimos anos unha audiencia cuestionable en liñas xerais. A maiores, o Concello tiña a necesidade de contratar un director-xerente para o Museo do Humor, un coordenador/a do departamento de Cultura e un auxiliar de arquivo para intensificar o proceso de dixitalización do departamento iniciado hai un ano con subvencións. Queremos destacar que non houbo nin haberá recorte de persoal e sí recolocación noutros departamentos. O Goberno Municipal afirma que seguirá no vieiro do aforro e de saneamento nun Concello que tiña un 98% de débeda municipal no último ano de xestión do BNG e que no 2009 a débeda se reduciu a un 29%. O Goberno de Fene quere destacar que o pasado venres mantívose un contacto cos representantes do Partido Popular e do BNG para informarlles destas medidas. O Goberno de Fene pídelle ao BNG que deixe de facer demagoxía e que faga autocrítica na xestión da radio.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario