sábado, 18 de septiembre de 2010

Reanúdanse as obras na praia de Río Sandeo en Límodre

-Rebestiranse os muros con pedra de mampostería. Tamén se instalarán zonas axardinadas e rollizos de madeira para canalizar o río

-Búscase acoplar a actuación ao seu entorno sen agresións visuais
-A construcción dos muros debeuse á inestabilidade do chan que se atopa no areal

-Impermeabilizarase a lagoa superior e canalizarase a auga do río cara o mar con rollizos de madeira

-O Alcalde de Fene Iván Puentes valora moi positivamente esta actuación “xa que con esta obra a praia recupera a súa funcionalidade e facilítanse os accesos ao areal para use e disfrute das veciñas e dos veciños”

Este luns reanúdanse as obras de acondicionamento na praia de Río Sandeo na parroquia de Limodre, un dos areais máis concurridos do Concello de Fene. Segundo informa Demarcación de Costas, as obras paralizáronse por mor da chegada do verán e porque Río Sandeo é unha das praias máis visitadas. Búscouse respetar o disfrute do areal neste cálido e seco verán.

Ademáis os operarios teñen pouco espazo para maniobrar nas proximidades deste areal e a afluencia de público dificultaba a actuación ademáis de non garantir as condicións mínimas de seguridade para os visitantes e para os operarios. Por iso se pararón momentáneamente as obras. Agora a partir do luns 20 de setembro volven de novo os traballos que consisten en revestir os muros con pedras de mamposteria.

Tamén irán recubertos de pedra os muros laterais dos accesos. Estúdase a instalación dunha escaleira para acceder ao areal e tamén falta por realizar o recheo interior dos muros. A construcción dos muros debeuse a que os terreos nos que se asenta a praia son terreos moi inestabeis, apuntan dende Demarcación de Costas.

A actuación tamén comprende a instalación de áreas axardinadas coa intención de incorporar o proxecto ao seu entorno sen agresións visuais. Cos muros cubertos de pedra, as zonas axardinadas e a utilización de madeira como elemento funcional e estético, búscase que o impacto visual este acoplado ao entorno da costa na Ría de Ares e dos terreos que conforman a parroquia de Limodre.

Demarcación de Costas tamén realizará a impermeabilización da lagoa superior e a canalización da auga do río cara o mar a través dunha canle de “rollizos” de madeira, que sexa estética e que favorezca o transcurrir da auga cara o mar. Demarcación de Costas informa que a intención deste departamento é ampliar a estrada, consolidar unha liña de aparcamento e a canalización das aguas que se deslizan pola estrada entre beiras coa colocación de redes metálicas. Demarcación de Costas espera que as obras rematen a finais deste ano.

O Alcalde de Fene Iván Puentes valora moi positivamente esta actuación “xa que con esta obra a praia recupera a súa funcionalidade e facilítanse os accesos ao areal para use e disfrute das veciñas e dos veciños”. O rexedor fenés espera que finalmente as obras rematen a finais deste ano e poida ser un activo máis para a potenciación turística do Concello e da zona, ademáis do disfrute dos cidadáns.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario