O goberno municipal de Fene é o único da Provincia que ten sen gastar os cartos procedentes de fondos provinciais desde o ano 2007. Dos 2,4 millóns recibidos nos últimos anos os socialistas so executaron o campo de fútbol de herba artificial dos Pinares en Perlío.
O BNG no concello de Fene ven demandando no último ano axilidade no inicio destas obras. Trátase dos Plans de obras e servizos e o Plan de cooperación cos concellos dotados con dous millón de euros. Ata corenta actuacións pendentes de iniciar desde o ano 2007. Todas estas obras contan co acordo unánime das forzas políticas do concello e coa demanda dos veciños e veciñas.
Acordos unánimes na corporación
O último cambio realizado nestas obras foi a petición do BNG, ante a negativa da Xunta de facer xa a acometida de auga a Magalofes levounos a propoñer sustituir a partida do Plan de cooperación cos concellos destinada á distribución da rede secundaria desta parroquia á reposición da traída da auga na rúa Alta e a reposición das beirarrúas nesta zona de Perlío. Para o portavoz nacionalista “é inxusto e de moi difícil explicación que os veciños de Fene sexan os últimos da provincia a execución destes investimentos. Agardo que antes das eleccións comecen a executar algo do aprobado.”
Xuntanza co Vicepresidente da deputación
Na xuntanza de traballo realizada onte polos portavoces municipais do BNG co Vicepresidente nacionalista do ente provincial, Pablo Villamar, deuse conta do estado dos diferentes Plans da xestión da deputación, desde o Grupo municipal do BNG de Fene pedíuselle ao Vicepresidente que medie coa área de Vías e Obras, que se atopa en mans socialistas, para que axilice o inicio das obras das beirarrúas de Barallobre. O Vicepresidente explicou que o Pleno da deputación aprobou en xullo a modificación dun proxecto do POS 2007 de Fene(Muro de contencion no camiño das Chancas) e que de non haber máis cambios, as obras desta anualidade poderian comezar axiña, pero a responsabilidade da contratación é municipal.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario