O edil de Obras e Servizos José Antonio López anuncia que os veciños deste lugar de Boado da parroquia de Maniños poderán ter auga potable do suministro xeral, proximamente, tan cedo como rematen as obras.
A auga ao camiño do Boado en Maniños era unha vella aspiración dos veciños deste vial de Maniños
A actuación deste Plan de Cooperación Provincial ten un orzamento de 186.000 euros
O alcalde Iván Puentes destaca como prioritario o traballo de dotación de servizos en todos os lugares de Fene, tanto do interior como da zona da costa onde se atopa o nucleo urbán do Concello.
A Xunta de Goberno do Concello de Fene aprobou esta semana o comezo das obras da dotación de servizos no acceso ao parque do río Baa en Maniños. Esta actuación engloba o abastecemento de auga, alcantarillado e pavimentación dos accesos ao parque fluvial do río Baa. A obra atópase dentro do Plan de Cooperación Provincial orzamentada en 186.000 euros.
O concelleiro de Obras e Servizos de Fene José Antonio López destaca a importancia desta actuación, dende o punto de vista económico (cun presuposto de 185.000 euros) como dende o punto de vista de mellora das infraestructuras nunha parroquia como a de Maniños con níveis altos de desenvolvemento urbanístico.
O edil fenés recalca o carácter integral da actuación xa que a obra contén o abastecemento de auga, a rede de sumidoiros e o alcantarillado e tamén a pavimentación do chan nos accesos. O alcalde de Fene lembra a necesidade de dotar a este espazo público de servizos fundamentais para o disfrute dos veciños. O rexedor destaca o valor patrimonial, ecolóxico, paisaxístico e natural deste parque do rio Baa na zona de Maniños. Tamén o edil de Obras e Servizos valora como moi positiva esta obra no camiño do Boado en Maniños, que posibilita que as veciñas e veciños deste lugar poidan xa ter auga potable nas súas casas.
.
Disque hoxe casou o alcalde sera verda
ResponderEliminar