martes, 14 de septiembre de 2010

O Goberno de Fene aproba a construcción do muro de contención das Chancas en Perlío

A obra está en periodo de licitación e nun par de meses comezarán os traballos, informa o Concelleiro de Obras e Servizos José Antonio López

A actuación custará 300.000 euros. 141.000 euros máis que a “chapuza” de proxecto orixinal elaborado na época do BNG, opina o edil delegado de Obras

O responsable do departamento acusa ao anterior goberno do BNG de ineficiente e incapaz ao deseñar un proxecto de muro que foi unha auténtica “chapuza” e obrigou a este goberno a volver a reprantexarse o proxecto

A Xunta de Goberno do Concello de Fene aprobou o pasado xoves a construcción do muro de contención das Chancas de Perlío. A obra ten un orzamento de 300.000 euros, 141. 000 euros máis que o primeiro proxecto, obra do goberno de Rivera Arnoso. A actuación retrasouse debido á chapuza do goberno nacionalista, afirma o edil de Obras, o socialista José Antonio López. O BNG realizou nos anteriores mandatos un proxecto irrealizable que non tiña en conta as características do chan. Coa chegada do actual goberno, dirixido por Iván Puentes, foi necesario realizar un novo proxecto, cun novo estudo xeotécnico e houbo que comenzar a actuación dende o primero paso administrativo, ante a chapuza da época nacionalista.

O redacción do novo proxecto durou 8 meses. O pasado xoves, a Xunta de Goberno aprobó o inicio do proceso para comenzar as obras. Neste momento a actuación atópase en periodo de licitación. José Antonio López espera que as obras (físicas) comencen en dous meses.

O edil fenés acusa de descoñecemento absoluto ao BNG. Primeiro pola chapuza do proxecto heredada do anterior equipo e por outra a confusión que se ten dende o BNG entre o que é un Plan de Cooperación Provincial, ao que pertence a actuación do muro de contención das Chancas e un POS. José Antonio López acusa de ineficiencia e incapacidade aos nacionalistas xa que está obra tiña que estar “ben” construida hai anos e o goberno víuse na necesidade de facer frente a unha obra por mor da “chapuza” da xestión anterior. O concelleiro tamén acusa ao grupo do BNG de actuar de oídas xa que non coñecian a situación das obras previstas.

Instalación do novo chan do pavillón polideportivo de Barallobre

O gobernó municipal tamén deu o visto bó ao troco de chan na pista do Pavillón Polideportivo Municipal de O Ramo en Barallobre. A obra de 100.000 euros, adxudicada á empresa Seifran, comezará nos vindeiros días e ten unha duración de dous meses. A actuación consiste no troco do parque por caucho e a impermeabilización da zona. A retirada da madeira do parque xa se realizou a finais do 2009 por parte dos alumnos da escola de carpinteiria do Concello e agora quedan por facer os traballos de impermeabilización e colocación do caucho, informan dende a Concellería de Cultura, Deporte, Xuventude e Comunicación, que dirixe Carmen Silvar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario