miércoles, 22 de septiembre de 2010
O Concello de Fene implanta un novo sistema para a xestión das instalacións e actividades deportivas e culturais municipais
O programa, denominado “DeporXest”, foi desenvolvido pola empresa Eumelec Galicia S.L (Egalcom)
Control de asistencia e acceso ás instalacións, reserva de espazos, venda de Bonos, control de pagos e adebedamento de recibos. Son algunhas das posibilidades que ofrece o programa “Deporxest”, impulsado pola Concellería de Deportes de Fene co obxectivo de “optimizar o sistema de xestión e control, tanto das instalacións deportivas municipais como das escolas e actividades que se organizan dende este departamento”. Asegurouno este mediodía en rolda de prensa a Concelleira de Deportes, Carmen Silvar, para quen que “o novo sistema permitirá aforrar unha grande cantidade de tempo e recursos, xa que non haberá que traballar con bases de datos puntuais para cada actividade”.
“Deporxest” é un software desenvolvido pola empresa Egalcom (socia á súa vez da empresa Sedega, que se ocupa do mantemento das instalacións deportivas do Concello de Fene). O programa foi deseñado para a xestión integrada de actividades deportivas en múltiples instalacións.
O novo sistema que se ven implantando no Concello de Fene dende o pasado mes de xuño caracterízase pola súa sinxeleza de funcionamento e, sobre todo, pola súa plataforma de reservas e inscripcións online, que permite ao cidadán coñecer os diferentes horarios e grupos dos cursos, ademais de realizar determinadas xestións como a reserva dunha instalación deportiva, a inscripción nunha escola deportiva ou o coñecemento da ocupación dunha instalación nun momento dado.
Na actualidade, o Concello de Fene aínda está en fase de desenvolvemento do programa, introducindo na base de datos de DeporXest toda a información necesaria para as vindeiras matriculacións das actividades, tanto deportivas como culturais. De todos os xeitos, durante todo o verán xa se puido realizar a preinscripción nas escolas deportivas a través desta plataforma online e, segundo informou a concelleira Carmen Silvar, xa están listas as 640 tarxetas identificativas que empregarán os usuarios/as de cara ao vindeiro curso (o acceso a DeporXest realizarase a través dunha tarxeta de identificación electrónica).
Para o alcalde de Fene, Iván Puentes, a mellora do sistema de inscripción e matriculación nas escolas deportivas e culturais municipais, así como a xestión das diferentes instalacións do Concello, “é un obxectivo prioritario para o actual equipo de goberno”. Puentes loubou o novo sistema que se está a implantarno Concello de Fene e que foi presentado este mediodía por representantes das empresas Egalcom e Sedega.
Aquí puede descargar el dossier de DeporXest Fene
Enlace a Gestión Distribuida de instalaciones y actividades...
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario